Biotecnología: Ingienería celular

A clonación

A clonación é un conxunto de técnicas de laboratorio que nos permiten reproducir tantas veces como queiramos un material biolóxico en concreto: células, ADN, etc. Poderiamos dicir que o acto de clonar equivale ao de fotocopiar, é dicir sacar moitas copias idénticas de algo que nos interesa.
 As células nai son células indiferenciadas ou non especializadas, é dicir sen función propia, porque aínda non se converteron en células dun tecido específico. Distínguense do resto das outras células corporais porque ao dividirse presentan as seguintes propiedades: 

  • Producen novas copias de si mesmas de forma indefinida.
  •  Producen novas células que, baixo os estímulos apropiados, poden transformarse nos diferentes tecidos de que está composto o corpo humano. 
  • Poden colonizar e reparar un tecido ou órgano enfermo substituíndo as células enfermas por células sas. 

As células nai son as células a partir das cales nos desenvolvemos cada un de nós cando se uniron o óvulo e o espermatozoide, e son as células que deron lugar a todos os órganos e tecidos do noso corpo cando foron sometidas aos estímulos específicos necesarios para iso.



    Resultado de imagen de clonacion homer simpson       Resultado de imagen de oveja dolly

             Resultado de imagen de clonacion proceso

Reprodución asistida:

 A reprodución asistida é o conxunto de técnicas ou métodos biomédicos que facilitan ou substitúen ós procesos naturais que se dan durante a reprodución.


                                        Resultado de imagen de reproduccion asistida

Métodos:

A reprodución asistida pode ser levada a cabo empregando diferentes técnicas e a máis adecuada a empregar en cada caso, dependerá das circunstancias e problemas particulares de cada parella. Sen embargo a secuencia de técnicas a empregar, de menos a máis complexa e invasiva, é a seguinte:

Coitos programados

Está indicado en parellas moi mozos (menores de 35 anos), que leven pouco tempo intentando quedar embarazada (menos de 6 meses), presenten pouca ansiedade e a causa da esterilidade sexa de orixe descoñecido xa que toda-las probas básicas ás que foron sometidos deron resultados normais. Ao paciente se lle pode manter o seu ciclo natural (non é sometido a estimulación) ou ser inducida a ovulación de forma controlada.

Ciclo natural

Está indicado en parellas con alerxia a medicamentos o conviccións éticas ou relixiosas que lles levan a rexeitar calquera outra técnica de reprodución asistida que non sexa natural. En esta técnica a paciente non recibe ningún tipo de medicación, senón que simplemente se controla o crecemento do folículo dominante. O momento das relacións sexuais ven determinado polo pico de LH, que ocorre 24 horas antes da ovulación espontánea. Debe ser monitorizada desde o noveno día despois da menstruación, para elo existe un kit de urina moi sinxelo e cómodo de usar para a paciente.

Indución da ovulación

Para evitar o seguimento do pico endóxeno de LH necesario na técnica anterior, os médicos adelántanse coa administración intravenosa de 5000 UI de hCG no momento no que se constata mediante ecografía a existencia dun folículo maduro ovulatorio. Tras a administración de 5000 e 10000 UI hCG, o folículo ovulará entre 37 e 38 horas máis tarde. A hCG e a LH son hormonas moi similares xa que provocan e manteñen a luteinización. A hCG elimínase máis lentamente e a súa actividade biolóxica é maior (requírense menos unidades). A LH produce menos complicacións (síndrome de hiperestimulación, SHO) pero a presentación comercial impide usar miles de UI (15 e 30000 UI). Esta técnica permite un maior control sobre o momento da ovulación, o que permite programar o coito (0 e 48 horas), a inseminación (24 e 48 horas) ou a aspiración folicular (polas mañás 36 horas despois). Desta forma facilítase a planificación da clínica e sobre todo do laboratorio FIV.

Inseminación artificial

Resultado de imagen de reproduccion asistida  


A inseminación artificial permite que a fecundación se realice de forma natural. A gran diferenza e vantaxe da inseminación artificial é que o percorrido do espermatozoide é máis curto e menos perigoso. Esta vía recibe o nome de 'inseminación artificial'. Normalmente, con esta técnica, de cada 100 ciclos de inseminación 13 resultan en xestación, e de cada 100 parellas que completan 4 ciclos, 60 conseguen xestación. De todos os embarazos conseguidos, un 15-20% son gemelares e outro 15% malógranse. Distínguense dúas situacións segundo a orixe do seme:


-Inseminación artificial homóloga ou conxugal ( IAH): o seme procede da parella. leva a cabo a inseminación de maneira artificial cando hai algunha dificultade para que se deposite o esperma na vagina da muller de maneira natural (o coito).
-Inseminación artificial con doante ( IAD): o seme provén dun doante anónimo. Recórrese a un banco de seme.
A inseminación artificial consta de tres fases:
  • Estimulación hormonal do ovario, para aumentar o número de ovocitos maduros.
  • Preparación do seme, seleccionando e concentrando os espermatozoides móbiles.
  • Inseminación da muller, que se realiza nunha consulta.

Fecundación in vitro (FIV)

 
     

Tras a fecundación, o embrión é implantado no corpo da muller. Esta vía recibe o nome de fecundación in vitro ( FIV). A FIV consta de seis fases:
-Estimulación do ovario con hormonas.
-Extracción de ovocitos.
 Cada vez son máis as parellas homosexuais femininas que se someten a unha fecundación in vitro, mediante o chamado método ROUPA (Recepción de Ovocitos da Parella). Deste xeito, un membro da parella pode xestar co ovocito da súa compañeira e o espermatozoide dun doante de seme anónimo. Así, a maternidade é compartida, xa que o tratamento compártese entre a parella. Unha das mulleres estimúlase e cede as súas ovocitos para o embarazo, mentres que a outra, sométese á transferencia e fai fronte á xestación e o parto. Na actualidade a reprodución asistida ( in útero ou in vitro) é unha práctica moi común, aínda que dependendo dos centros, os resultados poden cambiar.

Gestación subrogada

A xestación subrogada ou subrogación gestacional (tamén coñecida como xestación en «ventre de aluguer») é unha técnica de reprodución asistida na que unha muller acepta xestar e dar a luz ao fillo doutra parella ou persoa solteira. Normalmente a gestante non ten un vínculo xenético co neno que dará a luz, xa que este é froito dunha fecundación in vitro. Os pais poden achegar o propio material xenético (óvulo e esperma) ou na súa falta recórrese a un doante de óvulos e/ou esperma. En España calquera contrato de xestación por substitución considérase nulo por lei. Con todo, en países por exemplo Estados Unidos, Canadá, Ucraína, México, existe unha lexislación que regula esta técnica de reprodución asistida.



                                    Resultado de imagen de gestacion subrogada

Comentarios

Entradas populares de este blog

"Homo naledi": una nueva especie humana descubierta en Sudáfrica

¿Qué factores afectan a la cristalización de la sal?

La línea evolutiva del Homo.