PROXECTO XENOMA HUMANO
O Proxecto Xenoma Humano foi un proxecto de investigación científica que tiña o obxectivo fundamental de determinar a secuencia de nucleótidos que compoñen o ADN do xenoma humano e identificar e cartografar os seus aproximadamente 20.000-25.000 xenes dende un punto de vista físico e funcional. Para comprender mellor o resto da entrada aclararemos que o xenoma humano é a secuencia de ADN dun ser humano. Está dividido en fragmentos que conforman os 23 pares de cromosomas distintos da especie humana. O proxecto, dotado con 3000 millóns de dólares, foi creado en 1990, no Departamento de Enerxía e Ciencias Trapianas e nos Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos,baixo a dirección do doutor Francis Collins, quen lideraba o grupo de investigación pública conformado por múltiples científicos de diferentes países, cun prazo previsto de realización de 15 anos. Finalmente, o proxecto foi terminado dous anos antes do previsto, en 2003. A maioría da secuenciación realizouse nas univ